A localidade de Oímbra volveu ser o epicentro gastronómico coa celebración da Festa do Pemento, que na súa 29ª edición atraeu a numerosos veciños e visitantes. A xornada, marcada no calendario de festas estivais da provincia de Ourense, tivo como protagonista indiscutible o pemento de Oímbra.
Os asistentes puideron gozar dunha degustación gratuíta deste produto estrela, mentres esperaban a comida que comezou ás 14 horas. Ademais, o recinto feiral ofreceu a posibilidade de adquirir outros produtos da horta ourensana e diversas artesanías nos pequenos postos presentes.
A festa, que xa é sinónimo de éxito, congregou a xente non só de Galicia e España, senón tamén de Portugal, consolidando a súa proxección como cita gastronómica de referencia na comarca de Verín.




