Verín será un ano máis escenario do Rally da Auga Transibérico, unha competición automobilística que se disputará os días 11 e 12 de setembro de 2026. A proba, que forma parte do Campionato de Portugal de Ralis (FPAK), transcorrerá entre as localidades de Chaves e Verín, no marco da Eurocidade da Auga.
A organización, a cargo do CAMI Motorsport, deu a coñecer o programa detallado. A xornada do xoves 10 de setembro comezará en Chaves coa tradicional sesión de autógrafos e a saída simbólica. Ao longo da fin de semana, os participantes afrontarán dez tramos cronometrados distribuídos a ambos os dous lados da fronteira. O venres 11 pola tarde, o tramo SS2 – Verín atravesará o territorio verinense.
O programa completo inclúe catro tramos o venres e seis o sábado, culminando coa Power Stage nas Termas de Chaves e o podio final ás 18:30h. É importante ter en conta que todas as horas indicadas no programa corresponden á hora de Portugal; en Verín, haberá que sumar unha hora, polo que o tramo SS2 – Verín comezará ás 18:15 hora española.
Os medios de comunicación interesados en cubrir o evento deben completar o formulario de acreditación, dispoñible para descarga en formato PDF, e envialo ao correo electrónico camimotorsport.imprensa@gmail.com. A organización resérvase o dereito de rexeitar solicitudes que non procedan de órganos de comunicación social lexítimos.
Para máis información sobre o programa completo, horarios actualizados e itinerarios, os interesados poden consultar a web oficial da organización: www.cami.pt.




