Arde un camión con coches Tesla na A-52

O vehículo, cargado con varios automóbiles da marca, comezou a arder por unha roda na autovía á altura de Cualedro.

Imaxe dun camión portacoches en chamas na autovía A-52 preto de Cualedro.
IA

Imaxe dun camión portacoches en chamas na autovía A-52 preto de Cualedro.

Un camión portavehículos que transportaba coches Tesla ardeu este sábado ao mediodía na autovía A-52, á altura de Cualedro, en dirección a Ourense.

O suceso ocorreu sobre as 12:00 do mediodía deste sábado, 27 de xuño, cando varios particulares alertaron aos servizos de emerxencia. Informaron de que un camión cargado con automóbiles da marca Tesla atopábase en chamas no quilómetro 173 da autovía.
O lume orixinouse nunha das rodas do vehículo, pero as chamas propagáronse rapidamente ao resto dos coches que transportaba. No lugar do incidente tamén se observaron outros dous camións parados na beiravía, un deles tamén portavehículos.
Aínda se descoñecen as causas exactas que provocaron o incendio. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Verín, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil da mesma localidade para controlar a situación e investigar o ocorrido.