A alerta de Nivel 1, de cor amarela, afectará especificamente aos municipios de O Barco, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia emitiu recomendacións para a poboación ante estas altas temperaturas. Suxírense medidas como beber máis líquido do habitual, utilizar roupa lixeira e folgada, e evitar a realización de actividades no exterior durante as horas centrais do día, cando o sol é máis intenso.




