A través de diferentes actuacións, como a formación de monitoras de tempo libre con perspectiva de xénero, o grupo de apoio Tecedoras de Soños e o acompañamento á autonomía lingüística, o programa promoveu a formación, a participación comunitaria e a creación de redes de apoio entre mulleres.
Esta iniciativa está cofinanciada pola Unión Europea, a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e pola Xunta de Galicia, no marco das axudas para a promoción da igualdade (SI435A).




