O suceso tivo lugar arredor das 11:30 horas, momento no que o 112 Galicia recibiu o aviso. A central de emerxencias foi informada de que dúas persoas precisaban asistencia sanitaria urxente, e unha delas atopábase inconsciente.
Tras recibir a alerta, os operadores do 112 mobilizaron os servizos sanitarios, a Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil de Manzaneda. O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou ata o lugar un helicóptero medicalizado con base en Ourense.
Unha das persoas feridas foi trasladada en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), mentres que a outra foi evacuada en ambulancia para recibir atención médica.




