Baixo o lema «Vimianzo acende a ilusión», o municipio organiza unha celebración especial para dar a benvida ao Nadal. A xornada está pensada para ser participativa, convidando a deixar atrás a rutina e gozar da música e a danza sen complexos.
Un dos grandes atractivos da festa será a proposta artística «Discoteca de Señoras… e Señores tamén!», de Marta Alonso Tejada. Esta actividade busca fomentar a participación colectiva e o disfrute da música e a danza.
A celebración rematará cunha chocolatada para toda a cidadanía, sumando un momento de encontro e acollida á festa de benvida ao Nadal. O Concello anima a reservar a data e participar nesta celebración colectiva.




