O acto central terá lugar ás 18:00 horas, aínda que as actividades programadas comezarán ás 16:30 horas. O obxectivo é dar a benvida ao Nadal en Soutomaior cun evento que promete "maxia, ilusión e sorpresas" para os veciños e visitantes.
O acceso ao acto é de balde e está aberto ao público xeral, agotándose as prazas cando se complete o aforo da carpa instalada na Praza de Talo Río.




