A actuación, subvencionada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, céntrase na substitución de iluminación convencional por tecnoloxía led e na mellora das instalacións térmicas.
En canto á iluminación, proponse a migración de todas as luminarias a led e a implementación de sistemas de control lumínico adaptativo en zonas de uso continuo para reducir o consumo enerxético.
No ámbito térmico, substituiranse as actuais caldeiras de propano por equipos de alta eficiencia, xunto cunha modificación hidráulica, integración coa produción de A.Q.S. actual e automatización completa da sala de máquinas. Tamén se prevé o desmonte da instalación existente e a execución dun silo de almacenaxe de pellets.
O Goberno local destaca que esta modernización suporá un aforro nos custos de consumo de enerxía eléctrica, unha mellor calidade na iluminación e maior eficiencia na produción de auga quente. Ademais, a renovación dos equipos prevén o incremento de danos e limitará os gastos de mantemento futuros.




