A Xunta adxudica 10 vivendas de promoción pública en Vilagarcía por case 2 M€

Construiranse no Lugar de Marxión e contarán con soto, baixo e dúas plantas, con garaxes e trasteiros.

A Xunta adxudica 10 vivendas de promoción pública en Vilagarcía por case 2 M€

Xunta de Galicia · 2026-10-23

A Xunta de Galicia, a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), adxudicou por preto de 2 millóns de euros a construción de 10 vivendas de promoción pública en Vilagarcía de Arousa, concretamente no Lugar de Marxión.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, presidiu o consello de administración de Vipugal que aprobou a adxudicación. O contrato foi para a empresa Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. por un importe de 1.983.380 €.
O proxecto das vivendas, redactado pola UTE Oxil-Domohomo cun custo de 85.184 €, contempla un edificio con soto, baixo e dúas plantas. A parcela onde se edificarán foi cedida polo Concello de Vilagarcía.
No soto situaranse 10 prazas de garaxe e 10 rochos, ademais de cuartos de limpeza e instalacións. O baixo albergará elementos comúns e catro vivendas de dous dormitorios, unha delas adaptada para persoas con mobilidade reducida.
A primeira planta contará con catro vivendas, dúas de dous dormitorios e dúas de tres. Na planta segunda emprazaranse as dúas vivendas restantes, ambas de dous dormitorios.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Xunta de Galicia — Notas de prensa (portal central, cubre todas as consellerías) (23/10/2026)