A investigación iniciouse tras a denuncia presentada no mes de abril por un apicultor da zona, quen comunicou o furto das colmeas e diverso material apícola. O Equipo Roca da Garda Civil de Celanova logrou localizar as colmeas subtraídas nunha finca propiedade do investigado. Segundo informou a Comandancia nun comunicado, o home intentou ocultar as caixas borrando o número de explotación e repintándoas.
O valor total das 34 colmeas roubadas estímase en máis de 5.000 euros. O suposto autor dos feitos, un residente de Verea, foi posto a disposición xudicial tras ser investigado pola Garda Civil.




