A iniciativa, enmarcada no programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, convida os máis pequenos a emprender unha viaxe polo mundo sen saír das páxinas dun libro. A proposta busca achegar a lectura dunha maneira activa e creativa.
Os participantes terán a oportunidade de mergullarse en historias doutras culturas e, de forma práctica, elaborarán os seus propios marcapáxinas utilizando técnicas como o collage e o origami. O obxectivo é fomentar a imaxinación, a creatividade e o respecto pola diversidade cultural.
A sesión será impartida por Atelier Slowly · Ler e Crear. A actividade está programada para o 9 de outubro ás 17:30 horas na propia Biblioteca Municipal de Xermade.
As persoas interesadas en asistir poderán formalizar a súa inscrición ata o mércores 7 de outubro directamente na Biblioteca Municipal.




