A medida, que se aplicará nas inmediacións dos tres colexios da localidade, consiste na demarcación de oito prazas de estacionamento pintadas de verde. O obxectivo principal é evitar as retencións de vehículos durante as horas punta de entrada ás aulas, permitindo que as familias poidan realizar paradas rápidas de xeito ordenado.
O uso destas prazas estará limitado a un máximo de dous minutos entre as 9.00 e as 9.45 horas, de luns a venres. Durante este tempo, é obrigatorio que o condutor permaneza dentro do vehículo. Fóra deste horario, as prazas poderán utilizarse como estacionamento convencional.
“"Falamos dunha medida sinxela, pero pensada para mellorar o funcionamento diario dunha zona moi transitada e facer máis cómodo, ordenado e seguro o acceso aos centros educativos."
A iniciativa, impulsada pola Alcaldía e a concellería de Infraestruturas Urbanas en colaboración coa Policía Local, busca favorecer unha circulación máis fluída. Durante os primeiros días, os axentes estarán presentes na contorna escolar para informar as familias sobre o funcionamento do novo sistema e garantir unha adaptación progresiva.




