O suceso tivo lugar durante a xornada do mércores cando o vehículo que conducía a muller, que circulaba en sentido cara a Vilalba, perdeu o control e acabou impactando contra a varanda dunha casa situada á altura do quilómetro 15,5 da vía.
Tras o impacto, o coche quedou en posición semivolcada. Un particular alertou ao servizo de emerxencias do 112 Galicia, que mobilizou de inmediato aos bombeiros do parque comarcal de Vilalba e aos axentes do Subsector de Tráfico de Lugo.
A pesar da aparatosidade do sinistro, a condutora atopábase consciente no momento da chegada dos equipos de rescate. Foi atendida polos servizos sanitarios e trasladada nunha ambulancia do 061 para recibir asistencia médica.




