O lume que se declarou na parroquia de Roupar, en Xermade, foi extinguido este xoves ás 13:56 horas. Segundo informou Medio Rural, o incendio calcinou un total de 36 hectáreas, das cales 25 eran de monte raso e as 11 restantes de arbolado.
Este incendio orixinouse o luns ás 14:51 horas na parroquia de Roupar. Nas tarefas de extinción participaron de forma acumulada dous técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, unha pala, cinco helicópteros e sete avións.
Por outra banda, o incendio forestal na parroquia de Moreiras, en Boborás (Ourense), atópase tamén extinguido dende a noite do mércores. Este lume queimou un total de 277,58 hectáreas, maioritariamente de monte raso.
Ademais, o incendio de Herbón (Padrón, A Coruña), que tamén xerou preocupación, permanece controlado dende o mércores ás 20:49 horas. As últimas estimacións apuntan a que este lume afectou 350 hectáreas.




