As condicións meteorolóxicas adversas durante o outono e o inverno provocaron un atraso na repavimentación, condicionando así a finalización do proxecto. Esta actuación supuxo unha "transformación integral" desta importante vía do centro urbano.
“"Esta actuación permite dar un salto cualitativo moi importante nesta rúa, tanto desde o punto de vista da seguridade como da accesibilidade."
Ademais da mellora do firme, instaláronse pasos de peóns sobreelevados co obxectivo de moderar a velocidade do tráfico e facilitar o tránsito das persoas. Nas vindeiras semanas, só quedará pendente o pintado das marcas viais e a instalación da sinalización vertical.
O proxecto contou cun orzamento superior aos 160.000 euros, financiados a través do plan de cooperación da Deputación cos concellos. Incluíu tamén a renovación previa das beirarrúas para adaptalas á normativa de accesibilidade, a modernización da iluminación pública con tecnoloxía LED e a mellora da contorna con elementos que ofrecen "unha imaxe máis coidada da rúa", que rexistra un elevado uso diario pola súa proximidade ao centro de saúde.




