Esta infraestrutura, que ocupa uns 3.000 metros cadrados, foi acondicionada grazas a un investimento de case 69.000 euros provenientes do plan da Deputación. A iniciativa busca reforzar a oferta de ocio no municipio e dar resposta á escasa oferta hoteleira actual, que se limita a un hotel e unha casa de turismo rural.
“"Se temos cada fin de semana quince autocaravanas, son trinta persoas que consomen nos negocios que ten o concello."
A inauguración coincidirá cunha xornada festiva organizada en colaboración coa asociación de empresarios Asapa e a asociación cultural Miño Vivo. O evento incluirá unha foliada e cantos de taberna, e xa conta coa confirmación de entre 80 e 90 autocaravanas. Para a ocasión, instalarase un pulpeiro no Paseo do Pumpeiro.
A localización da área é estratéxica, xa que se atopa xunto á piscina municipal, o circuíto de kárting e o inicio dunha ruta de sendeirismo, a só seis quilómetros do nacemento do río Miño. Esta situación permitirá aos visitantes explorar os atractivos naturais e deportivos do municipio. Ante a alta afluencia esperada para a inauguración, habilitarase o polígono industrial para acoller todos os vehículos.
“"Temos que poñer en valor todo o potencial que temos."




