A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, formalizaron hoxe un acordo polo cal o Goberno galego achegará 145.000 euros a este centro residencial, que dispón de 91 prazas.
Grazas a este convenio, a Xunta colaborará co municipio no financiamento parcial dos gastos de persoal da residencia. Na sinatura tamén estiveron presentes o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e os concelleiros Carmen José López e Félix Seijas.
Fabiola García destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os concellos para garantir a atención ás persoas maiores, tanto nos seus domicilios a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), como mediante o apoio a centros de atención diúrna ou residenciais.




