O incidente ocorreu pouco despois das 16:20 horas, nas proximidades da Praza da Vila. O condutor, veciño de Sarria, circulaba en dirección ao cruzamento da Avenida cando se produciu o impacto contra o guindastre, que estaba aparcado e sen ocupantes no seu interior.
A pesar do choque, o home mantívose consciente en todo momento, aínda que se queixaba de dor no peito. Por este motivo, mobilizouse unha ambulancia do 061 que o trasladou ao hospital Ribera Polusa de Lugo para recibir atención médica.
Axentes da Policía Local acudiron ao lugar para levantar o atestado correspondente e realizar a proba de alcoholemia ao condutor, que arroxou un resultado negativo de 0,0 miligramos de alcohol por litro de aire expirado. A Rúa Matías López permaneceu cortada ao tráfico durante máis dunha hora, entre o cruzamento de Catro Camiños e a intersección coa Rúa Nova, ata que o vehículo implicado foi retirado da vía.




