A decisión plenario culmina o procedemento para determinar responsabilidades contractuais e desestima a solicitude de devolución do aval da compañía. Un informe técnico cuantificou en 90.000 euros os prexuízos derivados de deficiencias graves e moi graves, especialmente en obrigas laborais e na atención ás persoas usuarias.
O expediente, que contou coa audiencia previa á empresa e á entidade avalista (Bankinter), así como informes municipais, determinou tres incumprimentos moi graves e dez graves. A contía incautada cobre o límite máximo da garantía, sen incluír outras penalizacións xa satisfeitas pola empresa.
“"Estamos a falar dun servizo esencial para as persoas máis vulnerables do noso municipio. Actuamos coa firmeza necesaria para defender os recursos públicos e esixir ás empresas o cumprimento estrito das obrigas que asumen cando contratan coa Administración."
Entre as incidencias máis relevantes figuran fallos na documentación e seguimento dos usuarios, e a falta de entrega de informes bimestrais. Isto obrigou aos Servizos Sociais municipais e á nova adxudicataria a reconstruír parte da información asistencial para asegurar a continuidade do servizo.
O contrato con ÓBOLO rematou o pasado 1 de febreiro de 2026 por resolución de mutuo acordo. Esta fórmula non implicaba unha declaración de correcta execución nin a renuncia a esixir responsabilidades. A Tesourería local xa recibiu instrucións para executar o aval de forma inmediata.




