Un home que se atopaba realizando tarefas de poda foi achado falecido este pasado venres no municipio de Paradela. Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 18:45 horas recibiuse un aviso da Garda Civil solicitando axuda para o rescate dun corpo no lugar de Cabo de Vila, na parroquia de San Martiño de Castro.
O home precipitaríase dende unha escaleira mentres podaba unha árbore, quedando entre a vexetación da zona, o que dificultou as labores de acceso ao lugar.
Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Sarria, que participaron no operativo de rescate. Unha vez no punto, os servizos de emerxencia só puideron certificar o falecemento do varón.
O corpo será sometido a autopsia para determinar con precisión as causas da morte.




