O suceso ocorreu ao redor das 18.45 horas, cando a Garda Civil solicitou medios de rescate para recuperar o corpo dun home que, segundo a información inicial, caera dunha escaleira. O corpo atopábase nunha zona de difícil acceso, entre toxos.
Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Sarria, quen finalmente só puideron certificar o falecemento do home. A autopsia será practicada para determinar con exactitude a causa da morte.




