AC Taekwondo Sarria logra nove medallas no Open de España

O club de taekwondo de Sarria obtivo un resultado histórico cun total de nove medallas na competición nacional.

Primeira plana dun cinto de taekwondo
IA

Primeira plana dun cinto de taekwondo

O club AC Taekwondo Sarria acadou un total de nove medallas no recente Open de España celebrado en Ciudad Real, un fito que a entidade cualifica de "histórico".

O club AC Taekwondo Sarria alzouse cun importante botín de nove medallas na súa participación no Open de España, celebrado hai uns días na localidade de Ciudad Real. Este resultado foi cualificado pola entidade como "histórico" e supón un gran impulso para continuar o seu traballo diario.
As medallas de ouro chegaron da man de Carla Rodríguez e Martín Varela nas súas respectivas categorías individuais benxamín, así como de Brais Lombardero na categoría cadete infantil. Ademais, o seu adestrador, Álex Camba, tamén se fixo co ouro na modalidade de trío -30 masculino.
A terceira posición foi para Sergio Castro en individual benxamín, Álex Camba en categoría sénior, e as parellas formadas por Martín Varela e Carla Rodríguez, e Mateo Fernández e Brais Lombardero en trío.

"É un resultado histórico para o club"

a dirección do club
Dende o club destacaron a importancia do campionato, especialmente para os deportistas máis novos. "Era un campionato importante para os maiores, que se xogaban puntos de ranking nacional para clasificar ao europeo de 2027, pero especialmente importante para os máis peques, por primeira vez nun campionato destas dimensións", explicaron.

"Estamos súper orgullosos deste pasito das novas xeracións"

a dirección do club