Esta competición representa un novo éxito para o club bueués, que xa acumula numerosos galardóns en diversas categorías. O acto tivo lugar no salón de plenos da Casa Consistorial, coa presenza do alcalde e concelleiros da corporación municipal.
O alcalde da vila, Félix Juncal, animou aos deportistas a "continuar cos éxitos deportivos que estou seguro de que vos axudarán na vida".
Como agasallo, entregóuselles uns diplomas conmemorativos e unha placa para o club, recoñecendo así a súa traxectoria e o seu recente logro internacional.




