O sinistro, unha colisión por alcance, tivo lugar ás 12:38 horas. Ao lugar acudiron rapidamente efectivos da Garda Civil, bombeiros, persoal de conservación de estradas e tres ambulancias: dúas básicas de Sarria e Monforte, e a medicalizada de Lugo.
Os condutores implicados someteron ás probas de alcoholemia, nas que todos deron negativo.
O incidente provocou pequenas retencións de tráfico que se prolongaron durante máis dunha hora, ata que chegaron as grúas para retirar os vehículos implicados da vía.




