As bases desta convocatoria, enmarcadas no procedemento TR350E e cofinanciadas polo programa FSE+Galicia 2021-2027, foron publicadas recentemente. O obxectivo é ofrecer oportunidades laborais temporais a mozos e mozas da localidade.
A información detallada sobre as bases de selección, os requisitos e o procedemento de solicitude está dispoñible na páxina web oficial do Concello de Val do Dubra.




