O Concello de Teo abriu o proceso de licitación para o contrato de afirmado e acondicionamento do viario municipal que conecta as parroquias de Luou e Rarís. Os interesados poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 21 de outubro, e toda a información do proceso está dispoñible na Plataforma de Contratación do Sector Público.
A actuación responde ao actual deterioro da vía, debido á antigüidade do último pavimento, ás inclemencias meteorolóxicas e ao desgaste provocado polo tráfico diario. O obxectivo é asegurar unha circulación correcta e a seguridade viaria neste tramo.
O proxecto inclúe a escavación mecánica e o reperfilado de 2.000 metros de cuneta, así como a mellora da capa de rodaxe mediante o reasfaltado con aglomerado. Previamente, realizaranse reparacións de fochancas e perfilado de mordentes. A superficie total a aglomerar será de 28.800 metros cadrados.
Ademais, procederase ao recrecido de 300 tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado e á sinalización horizontal con pintado de liñas nos bordos.




