A Xunta de Galicia e a Federación Galega de Caza avalían posibles vías de colaboración para difundir os valores ambientais asociados á actividade cinexética. A reunión tivo lugar en Santiago de Compostela o pasado 11 de novembro de 2026.
Ademais de abordar a declaración de emerxencia cinexética temporal e a xestión coordinada do xabaril, o conselleiro destacou a importancia das accións da Federación na potenciación e mellora da caza, fomentando valores como o respecto e o coidado do patrimonio natural.
Salientouse tamén a aposta da entidade por facilitar o acceso dos afeccionados a coñecementos sobre seguridade e prevención de accidentes, enfermidades da fauna cinexética, xestión interna das agrupacións e saúde alimentaria.




