A reunión serviu para recoñecer o traballo desenvolvido polo diplomático durante os últimos anos e a súa implicación coa colectividade galega vinculada ao país suramericano.
Durante o encontro, o representante da Xunta agradeceu a colaboración institucional mantida entre ambas as administracións e destacou o compromiso mostrado para fortalecer os vínculos históricos, culturais e humanos entre Galicia e Uruguai, un país con ampla presenza de descendentes de emigrantes galegos.
“"Agradecemos a súa proximidade e disposición permanente cara á comunidade galega tanto en Galicia como en Uruguai."
Así mesmo, o secretario xeral da Emigración referiuse á importancia de seguir impulsando a cooperación institucional para consolidar as relacións sociais, económicas e culturais entre ambos os territorios, especialmente a través das comunidades galegas asentadas en Uruguai.
Finalmente, trasladou os seus mellores desexos ante a nova etapa profesional e persoal que iniciará o diplomático nos próximos meses.




