A Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebra a trixésimo segunda edición do seu Maratón Fotográfico, que forma parte do Outono Cultural. A temática proposta para este ano é ‘Casas’, arredor da cal preto de medio cento de participantes realizaron as súas instantáneas.
Os participantes competirán por tres galardóns: o Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto, o Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía de tema libre, e o Premio do Público. Este último será votado o vindeiro 3 de novembro, día no que se realizará a entrega de premios na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, ás 20:15 horas.
O xurado deste ano está composto por Eduardo Ochoa, Teresa Valcárcel e Adra Pallón. Seleccionaranse 12 fotografías que se expoñerán na propia Biblioteca Intercentros dende o 3 de novembro ata o 14 de decembro. Ademais, outras 12 imaxes formarán parte do calendario do Lugo Cultural 2027.




