A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, desglosou as posibilidades para iniciar e desenvolver unha carreira investigadora de calidade en Galicia. O evento tivo lugar na Facultade de Química da Universidade de Santiago.
Cotelo explicou as opcións que ofrece o programa Oportunius da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP. Esta iniciativa é unha das principais da Xunta de Galicia para a atracción, retención e retorno de talento investigador.




