A presentación da iniciativa tivo lugar este martes fronte á Biblioteca Concepción Arenal, onde se instalou a primeira das novas fontes. Achegáronse ao acto o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Planificación Económica e Infraestruturas, Roberto Bande Ramudo, e a xerente de CETAQUA Galicia e directora de Innovación DT Centro-Norte de Veolia España, Leticia Rodríguez Hernández.
Esta actuación marca o punto de partida dun proxecto piloto que busca facilitar o acceso á auga potable e poñer en valor os seus beneficios ambientais. A seguinte fonte dixitalizada instalarase no campus sur, na contorna da Residencia Universitaria Burgo das Nacións.
A presentación da iniciativa tivo lugar tras a reunión do padroado de Cetaqua Galicia no edificio CACTUS e unha visita á Área de Infraestruturas de Investigación da USC.




