Durante o encontro, o conselleiro destacou esta reunión como unha primeira toma de contacto coa organización profesional. Vázquez puxo en valor o compromiso do departamento autonómico coa xestión do lobo e o coidado do patrimonio natural, ademais de abordar as medidas preventivas que realiza a Xunta para apoiar ao sector agrogandeiro fronte aos danos ocasionados pola fauna.
O titular lembrou as axudas que convoca cada ano a Consellería, destinadas a apoiar ao sector no establecemento de accións para protexer as explotacións e cultivos fronte aos ataques do lobo, do xabaril e do oso. Estas medidas contribúen a garantir a convivencia no territorio da biodiversidade coas actividades que se desenvolven no rural.




