Debido á celebración dos Fogos Fin de Festa, que se lanzarán dende a escalinata do campus universitario ás 23:30 horas do venres 31, haberá cortes de circulación.
A partir das 8:00 horas, quedará pechado ao tránsito peonil o Paseo da Ferradura (zona próxima á escalinata do campus) e as áreas adxacentes, que estarán valadas. Tamén se pechará o parque infantil situado na avenida de Compostela.
As avenidas da Coruña e de Compostela, no tramo entre a avenida das Ciencias e a avenida das Burgas, pecharanse ao tráfico dende as 23:00 horas. O tráfico que circule pola avenida das Burgas deberá xirar obrigatoriamente á esquerda cara ao Cruceiro do Gaio.
Ademais, prohíbese o aparcamento dende as 8:00 horas do 31 de xullo ata a 01:00 h do 1 de agosto.
Para o público que presencie os fogos dende o campus sur, solicítase que, tras o espectáculo, non empreguen as escalinatas de acceso á Alameda nin accedan ao perímetro de seguridade ata que os efectivos de Policía e Protección Civil o indiquen.
Membros da Policía e de Protección Civil estarán presentes na zona para orientar a vehículos e viandantes.
O Concello de Santiago pide desculpas polas molestias que estas medidas poidan ocasionar.




