Ás 14.00 h, na Casa do Concello, terá lugar a recepción oficial ao alumnado que participa nos Cursos de verán de lingua e cultura galegas. Esta iniciativa, que xa vai pola súa trixésimo sexta edición dende a súa posta en marcha en 1988, está coorganizada pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.
Posteriormente, ás 16.30 h, no Mercado Boanerges, presentarase a campaña do proxecto piloto ‘Cada cousa no seu sitio’. Esta iniciativa, impulsada polo Concello de Santiago e a Xunta en colaboración con Ecoembes, centrarase nas zonas do Restollal e O Castiñeiriño. Na presentación participará o concelleiro de Servizos Básicos e Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez.




