A banda iniciará a súa andaina musical este domingo, 21 de xullo, na Cidade da Cultura ás 20:30 horas. Posteriormente, ofrecerán concertos o 5 de xullo en Agolada e o 8 de agosto na emblemática Carballeira de Zas.
A xira continuará o 14 de agosto en Malpica, seguida dunha actuación o 22 de agosto no Guísamo Folk de Bergondo, un dos festivais de música tradicional máis consolidados na comarca de A Coruña.
Como broche final desta primeira lista de concertos, Radio Cos cruzará as fronteiras de Galicia para actuar o 20 de setembro en Bruselas.




