A Xunta e Unións Agrarias buscan vías de colaboración para a convivencia coa fauna silvestre

O conselleiro Nicolás Vázquez reuniuse co secretario xeral da entidade para analizar medidas preventivas e axudas ao sector.

A Xunta e Unións Agrarias buscan vías de colaboración para a convivencia coa fauna silvestre

Xunta de Galicia · 2026-11-25

O conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático, Nicolás Vázquez, reuniuse esta mañá co secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, para analizar posibles vías de colaboración que garanticen o equilibrio entre a fauna silvestre e a actividade no rural galego.

Durante o encontro, o conselleiro destacou esta reunión como unha primeira toma de contacto coa organización profesional. Vázquez puxo en valor o compromiso do departamento autonómico coa xestión do lobo e o coidado do patrimonio natural, ademais de abordar as medidas preventivas que realiza a Xunta para apoiar ao sector agrogandeiro fronte aos danos ocasionados pola fauna.
O titular lembrou as axudas que convoca cada ano a Consellería, destinadas a apoiar ao sector no establecemento de accións para protexer as explotacións e cultivos fronte aos ataques do lobo, do xabaril e do oso. Estas medidas contribúen a garantir a convivencia no territorio da biodiversidade coas actividades que se desenvolven no rural.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Xunta de Galicia — Notas de prensa (portal central, cubre todas as consellerías) (25/11/2026)