O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, participou hoxe na presentación da 6ª edición da Liga Galega de Break. A competición está organizada pola asociación Vella Escola e conta coa colaboración da Xunta de Galicia.
Na súa intervención, Roberto García salientou o labor de Vella Escola como entidade de referencia na promoción e dinamización das disciplinas urbanas. Tamén subliñou a aposta da Xunta por unha oferta deportiva diversa e adaptada aos novos tempos.
O obxectivo desta iniciativa é permitir que toda a cidadanía atope modalidades coas que se manteña activa e avance cara a unha sociedade cada vez máis saudable.




