O encontro, que busca impulsar o futuro da saúde global desde a comunidade galega, contou coa presenza do xerente do Servizo Galego de Saúde, Luis León. O responsable da carteira sanitaria da Xunta avogou por abordar os desafíos da saúde sen límites xeográficos, xa que os retos actuais esixen construír solucións de xeito conxunto.
Gómez Caamaño puxo de relevo que a comunidade galega aposta por un modelo que conecta xestores sanitarios, investigadores, emprendedores e pacientes, unha estrutura colaborativa onde a innovación sanitaria e a colaboración entre axentes son fundamentais.
“"As solucións só funcionan cando se comparten, se contrastan e se constrúen entre moitos."
O conselleiro salientou que as alianzas creadas neste tipo de encontros acurtan o camiño entre as ideas e a súa aplicación real, beneficiando á cidadanía. Lembrou que este modelo colaborativo permite á Xunta impulsar proxectos estratéxicos como o Proxecto Xenoma Galicia ou o futuro Centro de Protonterapia de Galicia.
Finalmente, agradeceu ao Clúster Saúde de Galicia a organización dun foro que se consolida como evento sanitario de referencia, reunindo a preto de 300 especialistas e máis de 200 empresas co obxectivo de dar resposta aos retos da Sanidade.




