O mapa de riscos para a saúde, xunto coas recomendacións e o Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas, están dispoñibles na páxina web da Consellería de Sanidade.
Para a elaboración do mapa de riscos sanitarios, a Consellería de Sanidade ten en conta os datos rexistrados por Meteogalicia e Meteosalud. Meteogalicia considera as temperaturas máximas e mínimas diarias e os límites establecidos para episodios de calor, mentres que Meteosalud analiza series temporais de temperatura e mortalidade dos últimos 20 anos.
A Consellería de Sanidade combina os niveis de alerta de ambos os sistemas para establecer un nivel de alerta propio, tendo en conta diferentes parámetros. Por este motivo, a información contida nos mapas pode non coincidir.




