Ramón García Cid, pai do alcalde de Ames, Blas García, faleceu este pasado fin de semana aos 89 anos de idade en Santiago. Natural de Crespón, en Boiro, aínda que residente en Bertamiráns, os seus restos mortais atópanse na sala dous do Tanatorio Apóstol da capital de A Mahía.
O funeral terá lugar este domingo pola tarde na parroquia boirense de San Vicente de Crespón. A comitiva fúnebre sairá ás 19.00 horas do tanatorio, e a cerimonia relixiosa comezará ás 19.45.
Os problemas de saúde de Ramón García Cid fixeronse públicos esta semana a través dunha publicación nas redes sociais do seu fillo, o alcalde de Ames. Nel, comunicaba a hospitalización do seu pai e aproveitaba para lanzar unha mensaxe en defensa da sanidade pública.




