A partir do mércores 26 de agosto e durante un período de tres semanas, a Rúa Nova da Igrexa de Laraño permanecerá pechada á circulación á altura do número 21. O motivo desta interrupción é a necesaria reparación do pavimento neste punto específico da vía, que implicará o cambio da plataforma de aglomerado a formigón.
Debido a que a rúa quedará pechada na súa metade, os desvíos alternativos para a circulación vehicular estableceranse polos seus dous extremos. Os condutores poderán utilizar rutas alternativas dende a A Rúa da Amañecida por un lado, e dende a Rúa da Estación de Casal polo outro.
O Concello de Santiago lamenta as molestias que estas alteracións poidan ocasionar á cidadanía e solicita a súa comprensión.




