O Concello de Poio reforza o seu corpo de Policía Local coa incorporación de dous novos axentes. Estes efectivos superaron satisfactoriamente o seu período de prácticas e tomarán posesión dos seus postos mañá sábado, pasando a estar plenamente operativos nas quendas habituais de traballo.
O alcalde de Poio, Ángel Moldes, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Maritxe González, asistiron hoxe ao acto de graduación dos axentes, celebrado na Estrada. Esta medida forma parte do plan de ampliación do corpo, que pasou de 13 a 17 prazas desde 2023.
O Goberno local busca con este incremento de catro prazas adaptar os recursos humanos ás necesidades da veciñanza, mellorando a capacidade de resposta e a eficacia do servizo público.
Actualmente, o cadro de persoal da Policía Local de Poio conta con 17 prazas. Delas, tres están vacantes: unha ocupada de forma accidental desde 2017 e dúas de nova creación, unha para a xefatura e outra de oficial, que se convocarán proximamente.
En canto á situación operativa, nove policías traballan en quendas rotatorias, mentres que catro efectivos permanecen de baixa médica.




