Baixo o lema “respira fondo”, o cámping convida a gozar dunha estancia na que non é preciso saír das instalacións para atopar plans. A súa oferta combina bungalows, zona de acampada, piscina, restaurante, supermercado e diferentes espazos de lecer para que pequenos e maiores poidan vivir as vacacións ao seu ritmo.
Para as familias, o cámping reúne moitos deses ingredientes que converten uns días de descanso nun recordo: parque infantil, camas elásticas, tren infantil, piscina de chapoteo, animación e zonas pensadas para que os nenos e nenas se divirtan con seguridade mentres os adultos descansan.
A proposta complétase con actividades para quen quere moverse e descubrir a contorna: excursións cicloturísticas, rutas marítimas, sendeirismo, trekking, tenis, tiro con arco, cancha multiusos e mesas de ping-pong. Unha combinación de natureza, deporte e lecer que converte o cámping nunha opción especialmente atractiva para familias que buscan algo máis ca aloxamento.
O recinto conta ademais con servizos prácticos como wifi gratuíto, asistencia sanitaria, bar-restaurante e supermercado, o que facilita unha estancia cómoda sen renunciar ao espírito das vacacións ao aire libre.
O Camping Ría de Arousa 2 preséntase así como unha alternativa para vivir uns días sen présas, en contacto coa natureza e con propostas para todas as idades. Un lugar para respirar fondo, desconectar e deixar que os nenos —e tamén os adultos— volvan gozar coma nenos.




