A xornada comezará ás 10:00 h cunha sesión extraordinaria do Pleno da Corporación na Casa do Concello. A orde do día inclúe dous puntos sobre xestión orzamentaria. O primeiro deles trata a aprobación dun expediente de crédito extraordinario por importe de 3.409.270,12 €, financiado con RLTGX2025, destinado a cubrir parte do saldo de OPAS de 2025 e a totalidade dos PPA de 2025. O segundo punto refírese á aprobación dun expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para validar gastos rexistrados na conta 413 e contabilizados como OPA a 31.12.2025, entre outros gastos.
A retransmisión en streaming destes puntos do pleno realizarase a través da páxina web municipal.
Posteriormente, ás 11:30 h, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, ofrecerá unha rolda de prensa na Casa do Concello para tratar asuntos de carácter local.
Xa pola mañá, ás 12:00 h, no Pazo de Raxoi, a concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica, Míriam Louzao, xunto ao director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, presentarán o Festival C 2026. Este festival traerá actividades culturais gratuítas a distintos espazos da cidade durante o mes de agosto.
Nese mesmo horario, ás 12:00 h, pero no Pazo de San Lourenzo, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participará na presentación e sorteo da 40ª Copa Galicia Sénior Masculina. No acto tamén estará presente o presidente da xunta xestora da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez.




