O programa Atenea, que substituirá o actual sistema Minerva nos xulgados, suporá a tradución de máis de 50.000 documentos e a súa implantación está prevista para o 1 de xaneiro de 2027, mentres que Minerva deixará de funcionar o 28 de febreiro dese mesmo ano.
Esta iniciativa enmárcase na colaboración entre a Dirección Xeral de Xustiza, a Secretaría Xeral da Lingua e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Tras a sinatura dun convenio co Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes a comezos de outubro, os traballos centráronse na posta en marcha do novo sistema e na súa tradución ao galego.
O programa xa está dispoñible na metade dos órganos xudiciais de Galicia, coa interface de traballo en lingua galega. A Xunta está a traballar na tradución da documentación, comezando pola xurisdición civil e o procedemento monitorio, para avanzar progresivamente no resto dos documentos e do programa.




