A xornada comezará ás 10.00 h na Casa do Concello cunha rolda de prensa do concelleiro de Economía e Facenda, Manuel César. Explicará as campañas de "Correspondencia ecolóxica" e "Grandes contribuíntes", promovidas pola Tesouraría Municipal, así como o resultado da Liquidación do Orzamento de 2025.
Posteriormente, ás 10.30 h, a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, ofrecerá outra rolda de prensa na Casa do Concello para presentar un avance das próximas Festas do Apóstolo.
Ás 11.00 h, os concelleiros do grupo municipal socialista, Sindo Guinarte e Marta Abal, comparecerán ante os medios na Casa do Concello para abordar asuntos de carácter local.
Pola tarde, ás 20.00 h, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidirá unha reunión extraordinaria do Consello Municipal de Relacións Veciñais no Salón Verde da Casa do Concello.
Tamén ás 20.00 h, celebrarase na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos un acto de entrega de diplomas ás empresas distinguidas co selo Sicted no ano 2026. Intervirán e entregarán os diplomas a concelleira de Turismo, Míriam Louzao; o vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira; e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.




