A xornada comezará ás 13.00 h na Cidade da Cultura, onde a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asistirá ao acto de entrega das Medallas de Galicia 2026.
Posteriormente, ás 17.30 h, na sede do Consorcio, a rexedora, quen tamén ostenta a presidencia do Consorcio, presidirá a Comisión Executiva da entidade interadministrativa e o Consello de Administración. Este evento estará aberto á cobertura gráfica.
As celebracións culminarán a partir das 23.30 h co espectáculo de Fogos do Apóstolo, que se espallarán pola Alameda, a Cidade da Cultura e o parque de Carlomagno.
A continuación, terá lugar un videomapping na praza do Obradoiro. Haberá pases sucesivos ás 00 h, 00.15 h, 00.30 h, 00.45 h, 01 h, 01.15 h, 01.30 h, 01.45 h e 02 h da madrugada.




