O establecemento recibiu unha achega de preto de 24.000 euros para realizar melloras en eficiencia enerxética, estética exterior e dixitalización. As actuacións incluíron a mellora da iluminación con novas luminarias eficientes, a adquisición dun sistema de carta audiovisual e dun sistema informático para o control de clientes, ademais de labores de pintado na fachada e exteriores.
O delegado territorial explicou que estas axudas están orientadas a establecementos situados en concellos costeiros, como hoteis, pensións, restaurantes, cafeterías ou bares. O programa conta cun orzamento total de 5 millóns de euros e permite financiar ata o 80 % do investimento.
O programa estrutúrase en tres liñas de actuación: a primeira céntrase na eficiencia enerxética, con achegas de ata 25.000 euros para iluminación e automatismos; a segunda inclúe a dixitalización de recursos no litoral con ata 15.000 euros; e a terceira destínase á mellora da fachada turística, con investimentos de ata 250.000 euros para pintado, renovación de cubertas e carpinterías.




