A presenza das mulleres no deporte é fundamental para acadar unha Galicia máis igualitaria, segundo destacou Eloína Ingerto durante a súa visita ao campo municipal de Santa Isabel. A directora xeral remarcou que este torneo contribúe á visibilidade, promoción e normalización das mulleres no ámbito deportivo, especialmente no fútbol feminino.
A responsable autonómica lembrou que a Xunta impulsa diversas iniciativas para fomentar a igualdade no deporte, un obxectivo clave para o desenvolvemento social da comunidade.
“"A presenza das mulleres no deporte, ao igual que no resto de facetas sociais, é imprescindible para acadar unha Galicia máis igualitaria."




